Un cento de ciclistas participarán no I Premio das Minas de San Finx

    LOUSAME> Lousame acollerá este sábado o primeiro Premio de Ciclismo Minas de San Finx. Consta dun percorrido de cento dez quilómetros polas comarcas de Barbanza e Muros Noia. Preto dun cento de corredores, nas categorías junior e sub21, participarán na primeira edición desta proba con punto de partida e de chegada no poboado mineiro de San Finx. O percorrido consta de cento dez quilómetros por algúns dos lugares máis emblemáticos das comarcas do Barbanza e Muros Noia. A organización da proba corre a cargo do club ciclista padronés e a cafetería do museo mineiro coa colaboración dos concellos da proba. Os interesados en participar poden inscribirse ata unha hora antes do inicio da proba, previsto para as catro da tarde, a través da web da Federación Galega de Ciclismo.