Ultiman os detalles para a gran festa do deporte

PONTEVEDRA> A pesar deste inconveniente, xa está todo preparado para que arranquen os mundiais de tríatlon. Un evento que atraerá á cidade a máis de 4.000 deportistas e que situará a Pontevedra no mapa do deporte internacional.

Pontevedra está a punto de converterse nun referente do deporte a nivel internacional, e todo, grazas a celebración do ITU Multisport Festival. Para o correcto desenvolvemento das probas, o papel dos speakers cobrará gran importancia.

A organización está rematandoos últimos detalles para que os mundiais de tríatlon superen as expectativas.

Pontevedra terá a mellor representación posible no tríatlon de longa distancia con Saleta Castro, Pablo Dapena ou Javier Gómez Noya. A speaker, Silvia Vieito, fai un análise dos tres pontevedreses.

Agora soamente queda que o tempo permita a todos os asistentes desfrutar de todas as probas. Pero se finalmente chove, haberá que ver o lado positivo.

O Multisport comezará o venres co acto de inauguración ás 18:30 horas na Praza de España e continuará durante toda a semana coas diferentes probas deportivas e cunha ampla programación festiva. Porque o mundial de tríatlon vai a ser moito máis ca un evento deportivo, será, sen dúbida, unha gran festa.