RIANXO> Os alumnos-traballadores foron recibidos esta maña no Concello polo alcalde, Adolfo Muíños. Dáse a circunstancia de que Rianxo é un dos poucos concellos galegos que disporán este ano de dúas modalidades formativo-laborais impulsadas pola Xunta.
Os 32 alumnos que forman parte dos dous obradoiros cos que conta Rianxo, xunto ó persoal docente, foron recibidos esta mañá no Concello polo alcalde, Adolfo Muíños. As portas da casa consistorial fixéronse a foto de grupo de rigor. Unha instantánea para o recordo que serviu tamén para dar por iniciado a súa experiencia formativa.
En total serán dous obradoiros diferentes. O Arcos Moldes II na especialidade de pavimentos e albanelería e o Carnero Valenzuela na especialidade de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas.
Trátase de dous programas mixtos de formación e emprego destinados a sectores poboacionais diferentes, que lle dá ós participantes a posibilidade de acceder a un posto de traballo, ó tempo que se lle ofrece unha formación teórica e práctica de calidade, orientada ás necesidades reais do mercado laboral e vinculada á obtención dun certificado de profesionalidade de validez nacional.