O refuxio de Campañó pecha a entrada de cans por saturación

Pontevedra> O refuxio municipal de cans de Campañó tivo que pechar a entrada de novos animais este luns debido a saturación das instalacións. O aumento de entradas nas últimas semanas e o descenso de adopcións provocaron este peche temporal das acollidas.

Un aumento das entradas de animais nas últimas semanas obrigou a pechar a acollida no refuxio de cans de Campañó. Con máis de 150 animais no centro, a situación era insostible.

O aumento de entradas pode deberse tanto ó repunte dos abandonos na época estival, coma ó endurecemento das sancións da lexislación de benestar animal.

Dende a protectora Os Palleiros animan á adopción responsable e ó non abandono para evitar esta saturación nos centros de acollida animal.

O balance cada vez máis negativo de adopcións en relación coas entradas, con 69 acollidas e tan só 31 adopcións no segundo trimestre do ano, complican a situación do centro.