Carlos Callón inaugura a VI Feira do Libro de Rianxo

RIANXO> A sexta edición da Feira do Libro de Rianxo arrancou este mediodía co pregón a cargo de Carlos Callón. Dice casetas integran o evento que permanecerá na praza de Castelao ata o domingo. Nada máis abrir as súas portas, a Feira do Libro de Rianxo rexistrou unha gran afluencia de público. A ampla variedade, cun total de doce casetas, contribúe a atraer máis visitantes con especial interese na literatura infantil. Á unha da tarde procedíase á inauguración oficial da feira co pregón a cargo de Carlos Callón. O acto contou ademáis con presenza institucional da Deputación da Coruña e da Xunta . A deputada provincial Anxela Franco e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, volveron destacar a importancia de prmover estas feiras para impulsar o tecido editorial galego e fomentar o hábito lector entre a cidadanía. A Feira permanecerá na praza Castelao ata o domingo con numerosas actividades complementarias ó longo de toda a fin de semana.