Unha explosión de gas en Pontevedra deixa tres feridos por queimaduras

PONTEVEDRA> Una explosión de gas dentro dunha vivenda do barrio do Burgo, en Pontevedra, deixa a tres persoas con queimaduras de diversa consideración. O edificio non sufriu danos na estrutura e non houbo que desaloxar ao resto de inquilinos.

 

As 10 menos 10 da noite recibíase o aviso dunha explosión de gas na cociña dun piso da rúa Juan Bautista Andrade de Pontevedra e ata alí se desprazaban os equipos de emerxencias.

Dúas ambulancias do 061 deron asistencia médica aos feridos, dous varóns e unha muller, todos entre os 32 e os 40 anos. Na vivenda tamén se encontraba a filla de 8 anos da muller que resultou ilesa e puido pasar a noite cuns familiares.

O 112 apunta que a explosión tivo lugar cando estaban a manipular unha cociña de gas butano e que non se rexistrou lume nin ningunha fuga de gas posterior. Os veciños deste barrio de Pontevedra lembraban hoxe o ocorrido.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/14/explosion_gas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/14/explosion_gas.mp4{/flowplayer}