NOIA> O grupo colombiano, unha das bandas máis importantes do pop rock en español, actuará o próximo mércores 1 de agosto no patio do IES campo de San Alberto. Cun prezo de dez euros, as entradas xa están á venta a través de Internet e o venres vintesete de forma física no Coliseo Noela. A cita, de alcance internacional, terá lugar ás dez e media da noite. As entradas xa están a venda na páxina web Eventbrite. Tamén se poderán mercar este venres, vintesete de xullo, dende as oito da tarde ata as dez da noite na taquilla do Coliseo Noela. O prezo das entradas é só de dez euros. Dende o concello animan ós veciños de Noia e dos municipios da comarca a participar nesta importante data para a música en Galicia. O grupo colombiano só actuará en dúas fechas en Galicia, o 31 de xullo en Vigo e o 1 de agosto en Noia. Un concerto para tódolos públicos, poderase desfrutar en familia ou en compañía dos amigos. O executivo confía no éxito desta importante cita para Noia, e esperan que o IES campo de San Alberto estea cheo de xente.
Inicio crb