A Guía Peñín avalía 270 marcas da Denominación de Orixe Rías Baixas

PONTEVEDRA> O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas acolleu esta mañá a cata da Guía Peñín de 2019. En total, avaliáronse cerca de 270 referencias, o que supón un récord para esta publicación.

Os viños das Rías Baixas volveron a demostrar a súa calidade na cata realizada esta mañá pola Guía Peñín. Os responsables desta publicación destacaron a súa complexidade, mineralidade, salinidade e expresión balsámica.

A cata deste ano tivo que adiantarse dous meses, algo que o director da guía valorou positivamente.

A cata fíxose coa etiqueta á vista e co tradicional sistema de fases visuais, olfativas e gustativas.

A Guía Peñín valorou en total case 270 referencias, un récord para esta publicación en Rías Baixas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí