As asociacións e entidades, sen ánimo de lucro, terán un prazo de dous meses para enviar suxerencias á Xunta

Pontevedra> O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presentou esta mañá o proxecto para a asignación de espazos destinados ás asociacións e entidades sen ánimo de lucro no edificio de Benito Corbal. Unha cita onde Rueda anunciou que dende hoxe se abre un prazo de dous meses para presentar suxestións para as normas de uso. Alfonso Rueda asignar os espazos antes de finais de anos para que así as empresas podan entrar a traballar tan pronto se termine a obra, que será no primeiro trimestre do 2019.

O edificio da Xunta de Benito Corbal contará con 26 espazos destinados a entidades e asociacións sen ánimo de lucro. Serán 22 espazos de entre 22 e 27 metros cadrados, e 4 máis grandes de 40 metros cadrados. Esta mañá dende a Xunta presentaron este proxecto ás entidades interesadas. Ábrese dende hoxe un prazo de 2 meses para que as entidades presenten suxestións e demandas á Xunta en relacións aos horarios e normas de uso deste espazo.

Dende a Xunta deixaron claro que as entidades deberían facerse cargo do recibo de enerxía eléctrica e do mobiliario de cada espazo.

En canto a duración, as empresas poderán estar un máxico de 4 anos con prórroga, algo que establece a lei, pero segundo anunciou esta mañá Rueda, para a continuidade sempre terán preferencia as empresas instaladas neste espazo sempre e cando cumpran cos requisitos solicitados.

As obras de rehabilitación da antiga sede da Xunta teñen un orzamento de 4,5 millóns de euros e aglutinan no centro da cidade máis de 5 mil metros cadrados nos que se ubicará o Campus Crea da Universidade de Vigo e as oficinas de Emprego. As obras estará finalizadas, segundo dixeron nesta xornada, no primeiros trimestre do vindeiro 2019.