Pontevedra, escenario da primeira asemblea do Viño de Galicia

PONTEVEDRA> Pontevedra acolleu a primeira Asemblea do Viño Galego. Trátase dunha proposta impulsada pola Asociación Galega de Sumilleres na que estivo presente todo o sector. Ao encontro asistiron enólogos, viticultores, sumilleres, distribución ou docentes. Sobre a mesa, distintas necesidades e problemáticas que afectan a toda a cadea. Entre elas, a necesidade de darlle visibilidade a todas as patas do sector e posicionar os viños galegos de forma máis coordinaada no resto de España e nos mercados internacionais.

O centro de FP Carlos Oroza de Pontevedra acolleu a primeira aseblea do Viño Galego. Un encontro ao que foron convocados os distintos eslabóns do sector. Enólogos, viticultores, sumilleres, distribución ou docentes déronse cita aquí para poñer en común a súa realidade e crear novas sinerxías.

A xuntanza foi Impulsada pola Asociación Galega de Sumilleres.

Unha asemblea, din, que foi crítica e enriquecedora. Entre os asuntos que saíron a debate, a necesidade de darlle visibilidade a todo o sector e mellora a comunicación e imaxe do sector fóra das nosas fronteiras.

Todo o tratado aquí foi recollido para darlle forma a un futuro proxecto común.

Este encontro nace con vocación de continuidade, para seguir avanzando nos retos do sector.

A intención é que este tipo de xuntanzas se celebren unha vez ao ano, coa idea de ir convocando entre asemblea e asemblea novos encontros para irlle dando forma ás distintas ideas.