“Atrévete a coñecerme” chega á Deputación de Pontevedra

Pontevedra> A Deputación de Pontevedra inaugurou nesta xornada a exposición “Atrévete a coñecerme”. Unha mostra itinerante que realizan dende a Federación Aspace-Galicia e que ten como fin dar visibilidade á realidade das persoas con parálise cerebral e sensibilizar á sociedade. Poderán ver esta exposición ata o 14 de agosto no hall do Pazo Provincial.

Atrévete a coñecerme, ese é o nome da exposicións que dende Aspace –Galicia inauguraron no Hall da Deputación nesta xornada. Unha mostra que ten uns obxectivos moi claros que non son outros que dar visibilidade á realidade das persoas con parálise cerebral e sensibilizar á sociedade.

20 retratos acompañados de 20 mensaxes transmitidas por persoas con parálise cerebral e eixe central da campaña Atrévete a coñecerme. Unha exposición itinerante que amosa as fotografías realizadas por Asier Bastida no día Mundial das persoas con parálise cerebral no 2017.

Unha mostra itinerante que pasará por diferentes concellos da provincia e que poderán ver no Hall da Deputación ata o 14 deste mes de agosto.