POIO> Volven as artes escénicas a Poio. O concello presentou esta mañá a X edición do Encontro de Teatro Afeccionado. O Poioescena trae este ano diversas novidades co obxectivo de facer visible o traballos dos grupos locais.
Poioescena volve con máis novidades ca nunca. O Concello presentou esta mañá a X edición do encontro de teatro afeccionado e as 6 obras que serán representadas dende o mes de abril ata setembro.
Nesta edición mantense a gala Poioescena, que se celebrará no mes de decembro e que contará coa entrega de premios á mellor representación.
Ademais, o Concello de Poio premiará a fidelidade do público cun bono, o cal haberá que solicitar nalgunha das entidades organizadoras.
As expectativas para esta décima edición son moi altas e os organizadores animan a todo o mundo a desfrutar dos diversos encontros de teatro que percorrerán o concello de Poio. Cabe destacar que todas as actuacións serán de balde.