Sergio Pereira, nova incorporación do Partido Popular de Poio

PONTEVEDRA> Seguimos co Partido Popular. Neste caso coa agrupación municipal de Poio, que esta mañá presentou o candidato número 3 das listas coas que os populares intentarán chegar á alcaldía. Sergio Pereira, o antigo presidente da Plataforma veciñal de San Salvador, únese á candidatura encabezada por Ángel Moldes.

El é a nova aposta do Partido Popular de Poio. Sergio Pereira, ata agora presidente da Plataforma veciñal de San Salvador, convértese no número tres de Ángel Moldes.

Moldes asegura que esta nova incorporación é un paso máis cara a renovación do partido en Poio.

Sergio Pereira asegura que tivo ofertas para ir nas listas e, incluso, para ser candidato doutros partidos de Poio, pero finalmente decantouse polos populares.

O novo candidato está convencido de que Ángel Moldes será o próximo alcalde de Poio e xa adianta as primeiras medidas que tomarán se o conseguen.

Sergio incorpórase á lista dos populares como independente. Unha candidatura, que segundo eles, estará máis cerca do centro que da dereita.