Portosín acolle a quinta proba do Campionato Galego de Slalom Inclusivo

PORTO DO SON> Portosín acolle un ano máis o Campionato Galego de Slalom Inclusivo. Trátase da terceira edición desta proba, e Porto do Son volve a ser anfitrión para esta modalidade deportiva. A quinta proba do campionato, que se desputa Porto do Son, celebrarase este domingo, cinco de agosto, ás once da mañá no Real Club Náutico de Portosín. Unha presentación que contou un ano máis ca presenza da conselleira do Mar, Rosa Quintana, que soubo recoñecer a labor que están a realizar dende a asociación Adeco-Dea Noia e dende o Galp Seo de Fisterra, quenes organizan estas xornadas náuticas adaptadas ‘Un Mar para Todos’. O Slalom Inclusivo é unha modalidade deportiva que consiste na realización dunha serie de probas de habilidades a bordo dunha embarcación, que está capitaneada por persoas con discapacidade. Desta forma, grazas ó apoio do concello de Porto do Son e á Deputación da Coruña, persoas cun alto grao de discapacidade poden desfrutar do deporte sen ningunha barreira.