O BNG dá por rematadas as negociacións e deixa a Cambados cun goberno en minoría

CAMBADOS> Acabáronse as oportunidades. O BNG dá por rematadas as negociacións para incorporarse ó goberno de Cambados.  A derradeira reunión entre PSOE, Somos e  nacionalistas rematou sen entendemento. Uns e outros mantiveron inamobibles as súas posturas. O BNG reclama para si competencias plenas nas súas áreas, algo que rexeitaron PSOE e Somos, alegando que iso suporía a creación de tres gobernos nun.

Cambados seguirá gobernado por un bipartito en minoría. Catro reunións despois, o BNG dá por rematadas as negociacións con PSOE e Somos para incorporarse ó executivo. Os  nacionalistas entenden que é “ridículo” seguir mantendo xuntanzas se as posturas de uns e outros se manteñen inamovibles. E neste caso, a postura do Bloque era firme: sen competencias plenas nas súas áreas, non habería acordo.

Para os socialistas ese é, precisamente, o problema. Din que a postura do BNG acabaría derivando en tres gobernos. Os socialistas recoñecen boa sintonía co Bloque, pero discrepancias no “concepto de goberno”.

A pesar da ruptura das negociacións os nacionalistas seguirán conversando cos dous grupos do goberno. Somos Cambados di que se trata de buscar un pacto que garanta a gobernabilidade. O BNG redúceo a un diálogo para mante-la porta aberta a futuras negociacións.

Os nacionalistas aclaran que serán coherentes coa súa ideoloxía e que nunca, baixo ningún concepto, apoiarán unha moción de censura contra o bipartito de esquerdas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí