O PP acusa á Deputación de querer desmantelar a Mancomunidade de O Salnés

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/06/criticas_pp_deputacion.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/06/criticas_pp_deputacion.mp4{/flowplayer}

 

CAMBADOS> O Partido Popular de O Salnés teme polo futuro da Mancomunidade. O presidente en funcións, Gonzalo Durán, e o deputado Luis Aragunde denuncian que a intención da Deputación é facer desaparecer o organismo comarcal. O malestar ven provocado por unha convocatoria do BNG da institución provincial na que convoca aos alcaldes da comarca a un encontro para abordar cuestións que, segundo Durán, son competencia da Mancomunidade. Organismo que non foi chamado a asistir.

Unha convocatoria da Deputación que esta mañá recibiron os alcaldes dos 9 concellos da comarca foi suficiente para que saltaran as alarmas no Partido Popular de O Salnés. O BNG do goberno provincial convocounos para falar de accesibilidade, mobilidade, seguridade vial, residuos e parques forestais. Todas elas áreas xestionadas pola Mancomunidade, que non está chamada á xuntanza.

Pero este non é o único motivo do enfado. Na convocatoria, presentan ao deputado nacionalista e concelleiro en Bueu, Xosé Leal como responsable territorial da área do Salnés.

Do encontro fixado para o día 11 non gusta nada. Tampouco a sé. Os alcaldes están convocados no concello de Vilagarcía algo que, para o concelleiro do Partido Popular de Cambados e deputado Luis Aragunde, supón a perda de peso político da vila.

A Mancomunidade ten previsto celebrar o pleno de investidura o xoves 13; sesión na que se votará o presidente e vicepresidente. Nin PP nin PSOE teñen maioría absoluta na xunta xestora, o que obriga a buscar pactos con BNG e grupos independentes. Pero ante o que considera unha agresión, Gonzalo Durán, candidato popular, xa anunciou que non sentará con ninguén ata coñecer os seus plans de futuro para o organismo comarcal.