Dende o Colexio de Médicos redomendan moita hidratación con esta ola de calor

Pontevedra> Non tomar o sol nas horas centrais do día e unha boa hidratación. Eses son algúns dos consellos que lanzan dende o Colexio de Médicos de Pontevedra. Estes profesionais din que as persoas maiores e os máis pequenos deben coidarse máis e ter especial coidado con esta ola de calor que teremos nas Rías Baixas, ata alo menos, comezos da vindeira semana.

As sombras cotízanse á alza con esta ola de calor. O termómetro chegou a marcar os 34 graos en Pontevedra. E ante esta situación dende o Colexio de Médicos da cidade ofrecen os consellos de sempre, pero moi necesarios, con estas altas temperaturas.

Algo que é moi imporante é unha boa hidratación a través de auga e cítricos.

Dende este colexio de médicos da cidade recomendan non estar ao sol nas horas centrais do día, de 12 a 16:00, e ante un golpe de calor lembran que o importante e baixar a temperatura da persoa que o padece.

Así que xa o saben, a desfrutar do verán pero sempre con precaución, unha boa hidratación e evitar o sol nas horas centrais do día farán que se faga mais levadeira esta ola de calor que estará presente nas rías baixas, ata alo menos, comezos da vindeira semana.