O Hospital do Barbanza mellora o seu servizo cun novo laboratorio

 

RIBEIRA> O Conselleiro de Sanidade visitou o novo laboratorio do Hospital do Barbanza. Ademais do incremento da superficie, o proxecto posibilitou a renovación tecnolóxica do servizo cunha nova aplicación informática que permite a conexión con tódolos centros da área sanitaria.O Conselleiro de Sanidade tivo ocasión de comprobar sobre o terreo o resultado das obras de ampliación do laboratorio do Hospital do Barbanza. O investimento, superior ós cento cincuenta mil euros, permitiu incrementar a superficie das instalacións pasando de oitenta a douscentos metros cadrados.O proxecto supuxo tamén a mellora da dotación tecnolóxica coa incorporación de autoanalizadores ou a implantación dun novo programa informático que permite unificar nunha mesma base de datos tódalas mostras dos distintos centros da área sanitaria.Durante a súa visita, O Conselleiro anunciou tamén novidade na tramitación da ampliación das Urxencias, posto que se está a uñltimar a contratación das obras.