A Policía Local busca a un posible pirómano na Pobra

299

POBRA> Nos últimos días lévanse rexistrados varios lumes na rúa Tetuán e na zona da Virxe da Cerca, preto das vivendas. O último deles na tarde de onte. Dende hai varios días os veciños da rúa Tetuán e da zona da Virxe da Cerca viven atemorizados ante o perigo de que o lume chegue ás súas vivendas. Ata en catro ocasións, o último deles na tarde de onte, tiveron que chamar ós bombeiros para que acudisen a sufocar as lapas. Todo apunta a que os lumes son claramente intencionados. Os veciños culpan tamén, en parte, ó Concello desta situación, por non obrigar ós propietarios destas parcelas, próximas ás casas, a mantelas en bo estado e libres de maleza, co conseguinte perigo que isto supón, aumentando o risco de incendios. A Garda Civil e a Policía Local investigan agora a posible autoría dos feitos para dar co posible pirómano.