Milladoiro ou Diego “El Cigala” porán a banda sonora a este San Roque 2018

VILAGARCÍA> Seguimos en Vilagarcía, onde este xoves, tamén presentaron a programación para as Festas de San Roque 2018. Música, actividades para os máis pequenos, e para os que xa son máis grandiños centran esta axenda de actividades, que non deixara case ningún día do mes se actividade.
Un coidado programa para todos os públicos foi o que presentaron dende o concello de Vilagarcía para San Roque. Unha das festividades máis importantes para os vilagarciáns que encherá as rúas da vila de múltiples actividades.
No apartado musical, Tequila, Milladoiro ou o Cigala contribuirán a que poñerlle banda sonora as festas de este 2018.
Os máis cativos tamén teñen o seu protagonismo nestes días festivos. O Festiclown ou o Fantasio na rúa son tan só dúas das actividades que contribúen a dinamizar unha celebración que non é só para os maiores, senón para toda a familia.
Unha homenaxe ao recentemente falecido Manolo Lassa, a Festa da Auga, o Combate Naval, a Festa da Ameixa de Carril, a Noite Meiga ou outras moitas actividades que se sucederán na capital de Arousa durante este mes de agosto veñen a confirmar a importante oferta de actividades para os cidadáns que ofrece Vilagarcía aos seus cidadáns e a quen os visita.