O concello aposta pola creación dun viveiro para as empresas ‘creativas’

PONTEVEDRA> O concello de Pontevedra aposta por crear un viveiro de empresas que dea maior peso dos proxectos máis creativos. Esta é unha das liñas de traballo que quere abrir o goberno local, e que xa abordou coas asociacións de empresarios da vila, AJE e AEMPE, e coa Confederación de Empresarios da Provincia de Pontevedra. Esta mañá o alcalde mantivo un encontro coa nova dirección deste organismo.

 

O alcalde de Pontevedra tivo esta mañá a súa primeira toma de contacto coa nova dirección da Confederación de Empresarios de Pontevedra. Despois do encontro, tanto Miguel Anxo Fernández Lores como Jorge Cebreiros destacaron a boa sintonía entre as súas ideas.

No encontro tamén participaron os presidentes de AJE e AEMPE. Entre todos abordaron a situación da pequena e mediana empresa pontevedresa, ademais dun proxecto de cara o futuro: a creación dun novo viveiro de empresas na cidade.

Fernández Lores asinou tamén tres convenios con estas asociacións. AEMPE é a beneficiaria do  máis cuantioso, de 16 mil euros, no que recolle varias medidas, entre elas a promoción do comercio pontevedrés durante o Nadal. No caso de AJE, a Asociación de Novos Empresarios recibirá 2 mil euros para o Premio Xoven Empresario e 3 mil para un programa de formación.

Outros empresarios que tamén asinaron un convenio esta mañá foron os da comarca de Arousa. A través dun acordo con Caixabank, os membros da FECA poderán dispoñer de diferentes solucións de xestión, financiamento e protección, dirixidas especificamente ás pemes.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/22/convenio_aje_feca.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/22/convenio_aje_feca.mp4{/flowplayer}