Manolo Ruiz proporá investir 1,7 millóns de euros para 23 obras

RIBEIRA> O executivo de Ribeira proporá investir ó redor de un con sete millóns de euros na realización de vinte e tres actuacións, e dous millóns a reducir a débeda. Con cargo a remanente de tesourería, o goberno local levará esta proposta a un pleno extraordinario que se celebrará na segunda quincena do mes de agosto. Entre as actuacións máis importantes destacan a pavimentación das rúas Rosalía de Castro e rúa de Lugo cunha inversión de douscentos cuarenta e catro mil euros. A realización dun paso superior no río Listres, entre Aguiño e Castiñeiras, con cento noventa e cinco mil euros. O porto de Palmeira tamén se vería beneficiado, con cento vinte mil euros para o seu acondicionamento. En Corrubedo, ampliarase o centro social cun desenvolso de cento trinta mil euros. Tamén se realizarán outras obras en Carreira, Palmeira ou Olveira, ata chegar a ese elevado importe de un con sete millóns de euros. O executivo de Manolo Ruiz tamén lembra que hai outros compromisos, como unha obra de saneamento en Vixán que se executará con cargos a outra partida.