A brigada de Obras de Rianxo traballa na pavimentación dos camiños máis deteriorados

RIANXO> Coa chegada do bo tempo, o concello de Rianxo comezou a executar traballos de pavimentación en varios núcleos do municipio. As obras está a ser asumidas pola brigada de obras.

Esta mesma semana daban comezo os traballos de pavimentación na zona de Suigrexa en Asados. Trátase da primeira das tres actuacións programadas polo executivo para comezos deste exercicio, que tiveron que agardar por mor das malas condicións meteorolóxicas.

A pavimentación destes tres núcleos suporá a mellora dunha superficie total próxima ós cinco mil metros cadrados. Unha vez rematadas, a brigada de obras desprazarase ata outros viais que presenten necesidades de pavimentación, priorizando aqueles que se atopen en peor estado ou dean acceso a vivendas.