Pontevedra> A mesa de contratación do concello para o proxecto de reurbanización do Gorgullón reuniuse esta mañá para avaliar as 14 ofertas presentadas. A oferta mellor valorada de momento e EC Casas cunha oferta de 1 millón 258 mil euros. Uns traballos que os nacionalistas agardan poder adxudicar a finais deste mes e que comecen as obras a principios de setembro.
14 empresas se presentaron ao concurso de adxudicación das obras do Gorgullón. A oferta máis económica é de un millón 209 mil euros da empresa Oresa e a empresa mellora valorada é EC Casas. A obra estará financiada nun 80 por cento por Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional, de momento dende o concello non poden propoñer a ningunha empresa porque a proposta puntuada en quinto lugar entrou en baixa temeraria, por tanto teñen que pedir que a xustifique. González Carballo informoi que todas as empresas ademais de facer a oferta económica corresponderte se comprometeron a facer as melloras formuladas polo concello.
EC Casas é a empresa mellor valorada para a adxudicación destes traballos que estarán financiados nun 80 por cento por Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional. Uns traballos que dende o concello agardan que comecen a comezos de setembro.
Uns traballos que consistirán na construción da plataforma única, invertérase o sentido de circulación, o camiño de Santiago quedará sinalado cunha cor e pavimento diferenciados entre calzada e beirarrúas e luces led, renovarase o alumeado e vaise a aproveitar a obra para incorporar novos servizos.