Gran presenza de Pontevedra na inauguración de Expopymes en México

Pontevedra> Primeiro día de traballo expedición comercial do Concello de Pontevedra en México. A cidade do Lérez foi unha das capitais protagonistas da inauguración da feira Expopymes na Cidade de México. O modelo de cidade de Pontevedra foi o eixo principal da intervención do rexedor pontevedrés neste acto inaugural. Pontevedra foi unha das cidades protagonistas da inauguración da feira Expopymes na Cidade de México e o rexedor Fernández Lores un dos seus protagonistas. A primeira autoridade da capital mexicana, Miguel Ángel Mancena, amosouse encantado de que a cidade galega participase neste evento aportando a súa experiencia de transformación. Na súa intervención, Lores, destacou o importante que é amosar ao mundo que se poden facer cidades diferentes ás que habitualmente se conciben, e que grazas á mobilidade alternativa poden converterse en espazos de maior calidade. O stand de Pontevedra en Expopymes é un dos máis sobresaíntes da Feira. Nel teñen especial protagonismo os representantes das 10 empresas que acompañan ao alcalde e á concelleira de Promoción da cidade. Dende primeira hora celebráronse numerosas entrevistas de negocios, que foron sucedéndose coas que medios locais lle dedicaban ao alcalde Lores para interesarse polo modelo de cidade.