PONTEVEDRA> O Concello recibiu esta mañá unha visita moi especial: a do pregoeiro das Festas da Peregrina. O periodista e escritor Manuel Jabois quixo dar unhas pequenas pinceladas sobre como será o seu discurso.
Quen mellor ca el para dar o pistoletazo de saída ás festas da peregrina. Como xa o anunciara o goberno municipal, Manuel Jabois será o pregoeiro deste ano. O periodista e escritor, que foi presentado esta mañá no Concello, non puido disimular o seu nerviosismo.
Manuel Jabois non quixo adiantar moito do pregón pero o que é seguro é que no seu discurso non faltará o humor e a nostalxia.
Tanto o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, como a concelleira de Festas, Carme da Silva, aseguraron que Manuel Jabois é un dos mellores embaixadores de Pontevedra e mostráronse moi orgullosos de que sexa o pregoeiro deste ano.
O humor, que tanto lle caracteriza, acompañaralle o vindeiro 10 de agosto ás 12 horas no Pazo de Mugartegui.