Preocupación en Pontevedra pola crise do coronavirus

PONTEVEDRA> A crise do coronavirus está afectando aos diferentes sectores económicos de Pontevedra. O turismo e o deporte son os principais prexudicados tras as cancelacións rexistradas nas últimas horas. Unha situación que preocupa aos hostaleiros e empresarios da cidade.

A preocupación ante a propagación do coronavirus empeza a notarse xa entre os pontevedreses e os impacto económico desta infección non deixa indiferente a ninguén. As primeiras en notar as consecuencias deste virus foron as farmacias co desabastecemento das máscaras e dos xeles desinfectantes.

A confirmación de novos casos na provincia de Pontevedra está a xerar importantes dúbidas entre a cidadanía. Por iso, é fundamental ter en conta todas as medidas para previr o coronavirus.

Pero o coronavirus non está afectando unicamente no desabastecemento das farmacias e supermercados. As axencias de viaxe son outras das grandes prexudicadas nesta crise sanitaria.

Xunto ás axencias de viaxe, os hostaleiros son outros dos grandes afectados polo coronavirus. Nas últimas horas rexistráronse na cidade numerosas cancelacións neste sector. Unha situación especialmente preocupante nos hoteis máis pequenos.

No deporte, e co obxectivo de evitar a propagación do virus, estanse a cancelar numerosas probas. As Federacións Españolas de Fútbol e Balonmán anunciaron hoxe a suspensión, durante as dúas próximas xornadas, de todas as competicións de categorías nacionais. Unha decisión que afecta a clubs como o Pontevedra, o Teucro ou o Cisne. Isto foi o que dixo esta mañá o presidente do do conxunto branco, Santiago Picallo, antes de coñecer a noticia.

Neste eido, e ante as recomendacións da Federación Española, a Federación Galega de Fútbol decidiu suspender tamén todas as competicións de ámbito autonómico pola crise do coronavirus.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí