BOIRO> O cambio de nome da rúa Carretera do Muelle por rúa Padre Joseba Beobide foi aprobado en pleno en abril de 2023, en resposta a unha solicitude realizada por profesionais do mundo da pesca para honrar a figura do relixioso, intimamente ligado co mundo do mar.
Aínda así a decisión non caeu ben nos residentes desta rúa, unha das máis antigas de Escarabote.
A pesar de que non teñen nada contra o sacerdote, reclaman que se lle devolva a rúa o seu nome orixinal.
Os veciños sinalan que o cambio de rúa foi unha decisión tomada sen consultar previamente, que lles está a provocar innumerables inconvintes.
Despois dunha primeira entrevista co alcalde hai varias semanas para trasladarlle a súa solicitude, e recadar unhas 500 sinaturas de apoio á súa causa, teñen previsto manter outra xuntanza co alcalde a primeiros de abril, para tratar de que se reconsidere a súa petición.
De non facelo están dispostos a levar a súa proposta a pleno.
Din que non cesarán na súa loita, para que a rúa Carretera do Muelle, o nome que tivo toda a vida, volva a estar presente no rueiro municipal.











