Rueda visita o CIM de Portonovo para coñecer o seu funcionamento

SANXENXO> O vicepresidente da Xunta de Galicia, visitou o Centro de Información a Muller de Portonovo. Unha visita na que Rueda puido coñecer de primeira man as súas instalacións e o seu funcionamento. A administración autonómica financia con 50.000 euros este centro. O alcalde, Telmo Martín agradeceu as axudas e solicitou un maior compromiso económico con esta instalación, xa que o actual non é suficiente.
O Centro de Información a Muller de Portonovo atendeu a unhas 160 mulleres ao longo de este 2018. Este tipo de instalacións, como a sanxenxina, son a primeira porta a que poden acudir aquelas mulleres que por circunstancias son máis vulnerables, conscientes de esta premisa o vicepresidente da Xunta de Galicia, visitou esta mañá, a instalación de Portonovo.
A administración autonómica subvenciona esta instalación con 50.000 euros por ano. Unha importante axuda que contribúe a que continúe ofrecendo o seu servizo, pero que non é suficiente, tal e como sinalou o alcalde Telmo Martín.
Coñecer o seu funcionamento, as súas traballadoras e os servizos que dende el se ofrece a toda aquela muller que o necesite, foi o obxectivo de esta visita, a que tamén acudiron a Directora Xeral de Igualdade, o delegado da Xunta en Pontevedra e a edil de Igualdade, todos eles foron recibidos pola comunidade de profesionais que cada día prestan servizo no CIM de Portonovo.