O tempo acompañou nunha Romaría das Cabezas na que tamén estivo presente o falecemento do Papa Francisco

MEIS> O tempo acompañou neste Luns de Pascua para celebrar a Romaría das Cabezas. Centos de persoas subiron hoxe ata A Armenteira, no Concello de Meis, para ofrecerse á virxe ou, polo menos, gozar dunha xornada festiva, co polbo como outro dos grandes protagonistas. Algúns cumpriron coa tradición de subir camiñando a unha cita que supón para moitos o inicio da temporada festeira na comarca.

Logo dunha Semana Santa pasada por auga, hoxe o tempo acompañou para a Romaría das Cabezas da Armenteira.

Pois como manda a tradición, centos de persoas subiron neste Luns de Pascua pedirlle á virxe. Outros moitos volven agradecéndonlle que cumprise as súas pregarias.

E aínda que cada vez son menos, aínda quedan moitos que veñen ata aquí camiñando, ofrecidos á virxe ou, cando menos, para gozar dun bo paseo.

Pero como os anos pasan para todos, seica aquilo de subir a pé xa é cousa do pasado.

E dito e feito. Os máis novos, entre eles moita rapazada, subiron a pé.

Para repoñer forzas que mellor que unha boa ración de polbo.

Como é habitual a misa máis multitudinaria deste Luns de Pascua foi a da unha do mediodía. Un oficio que arrancaba pedindo unha oración polo Papa Francisco, que falecía esta pasada madrugada.