Un torneo nacional promociona o fútbol sala en Marín

Marín> O vindeiro sábado, 18 de agosto, o poliderpotivo municipal da Raña acollerá o Torneo Nacional de Fútbol Sala de Marín, no que se disputarán dous encontros. Na categoría masculina enfrontaranse o Inter Movistar e o Burela Pescados Rubén, e na feminina, o Fisgón Futsal e o Amarelle Fútbol Sala.

O Torneo de Fútbol Sala Marín arrincará ás cinco e media da tarde coa categoría feminina, na que se enfrontará o equipo local, o Fisgón Futsal, co Amarelle Fútbol Sala, recén ascendido á primeira división nacional.

Ás sete e media disputarase o encontro que enfrontará ó Inter Movistar, actual campión da 1ª División da Liga Nacional, ademais de Campión de Europa e da Copa; co Burela Pescados Rubén, actualmente na 2ª división masculina pero que está a loitar nas últimas tempadas polo ascenso á primeira.

As entradas poderanse adquirir a través de internet (woutick.es) ou en taquilla.

O torneo coincidirá coa celebración da Festa Corsaria, polo que Marín vivirá unha fin de semana de grande actividade na que recibirán a milleiros de visitantes.