A estación intermodal de Pontevedra estará rematada no verán

PONTEVEDRA> Avanzan a bo ritmo as obras da estación de autobuses de Pontevedra. Dende a Xunta de Galicia calculan que a día de hoxe os traballos están ao 60%, e que estarán rematados a comezos do verán. A súa finalización suporá a posta en marcha da intermodalidade na cidade.

A nova estación intermodal de Pontevedra será unha realidade no verán. Os traballos de remodelación integral da estación de autobuses e o axeitamento da contorna para unila coa de tren están ao 60% de execución.

A praza de acceso fronte á estación de autobuses está practicamente rematada. Tamén se está a traballar no intinerario peonil seguro para conectar a estación de bus e a de tren e o novo acceso dos autobuses dende a avenida Josefina Arruti.

Outra das actuacións é a posta en valor do río dos Gafos. As obras destaparán outro treito do percorrido, atendendo á petición do propio concello.

As obras contan cun investimento total de 6 millóns de euros, dos que a Xunta achegou 4,6 millóns. Dende o goberno autonómico apuntan a que este proxecto é un exemplo de entendemento e colaboración entre administracións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí