Este domingo regresa o Folk no Alobre ao parque de O Castriño

VILAGARCIA> A piques de rematar o mes de agosto o calendario festivo de Vilagarcía, aínda non advirte o remate do verán. Esta fin de semana, concretamente o domingo, día 26, o parque Enrique Valdés Bermejo, máis coñecido como o de O Castriño, acollerá a segunda edición do Festival Folk no Alobre.A segunda edición do Festival Folk no Alobre, pretende converterse nunha típica romaría galega tradicional, que terá lugar este domingo 26 no parque de O Castriño, en Vilagarcía.Un evento que ofrecerá diferentes opcións, aptas para todas as idades e tamén todos os gustos.Obradoiros, xantar, música, danza e moitas cousas máis… aínda que dende a organización retan a cumprir un obxectivo. O colectivo Pés de Barro encargarase un ano máis de este evento, en colaboración coa concellería de Cultura da cidade.