Pontevedra> Pero antes da chegada da Feira Franca teremos que recibir, en Pontevedra, a visita do Demo. Un persoeiro que volve á cidade por San Bartolomeu. O xoves 23 de agosto sairá co seu séquito percorrendo as rúas da cidade e facendo trasnadas. A Foliada do Demo porá o punto e final a este festexo a partir das 21:30 na Praza de Curros Enríquez.
O Demo volve a Pontevedra polo San Bartolomeu. Este persoeiro chegará á cidade o xoves 23 co seu séquito e virá como sempre con ganas de troula e de facer trasnadas entre pequenos e maiores.
Os nenos e as nenas están chamados a ter un papel protagonista na festa xa que son eles os que lle farán fronte e tratarán de vencer arrancándolle o rabo. Tamén poden formar parte do séquito demoníaco levando un tridente. O broche de ouro da xornada chegará coa Foliada popular con música de Os Chichisos e de Vacaloura Vermella que terá como obxectivo recuperar o baile agarrado e o espírito que se vivía nas verbenas dos anos 50 e 60.
Unha xornada onde ademais tamén poderán desfrutar do concerte de San Bartolomeu na praza de José Martí a cargo da Banda de Música de Salcedo.