Importate dispositivo de restrición de tráfico para esta fin de semana na Boa Vila

Pontevedra> Operativo especial co que contará Pontevedra nesta fin de semana coa celebración do Campionato de España de Tríatlón de Longa Distancia 2018 e do Tríatlon Cross do Concello de Pontevedra. Hoxe, dende a Policía Local, comezaron coa colocación de máis de 350 valados de restricións de estacionamento na cidade.

Importante dispositivo de tráfico o que se porá en marcha esta fin de semana con motivo da celebración do campionato de España de Tríatlon de longa distancia 2018 e o tríatlon de cross concello de Pontevedra. As xornadas da celebración destes eventos deportivos serán o sábado 25 onde os cortes estarán ao 100 por 100 dende as 8:45 e afectará a unha parte da cidade.

Dende a Policía Local realizan dúas recomendacións importantes

Xa xornada do domingo 26 de agosto o corte de tráfico será máis leve e afectará en gran medida a parroquia de Xeve.

Dende a Policía Local comezaron hoxe coa colocación do valado en zonas de restricións de estacionamento, coa colocación de máis de 350 valados.

Para  desfrute de todas estas actividades dende a Policía Local recomendan que se sigan e se presten especial atención as medidas de seguridade e restricións de tráfico que Pontevedra terá nesta fin de semana con motivo destes dous eventos deportivos.