“Unha viaxe ao Nadal” adorna o Pazo Provincial

PONTEVEDRA> O vestíbulo do Pazo Provincial acolle dende esta mañá unha exposición de figuras  artesanais de Nadal. Con esta mostra de artesanía a Deputación pecha a campaña de promoción do patrimonio “Somos historias”.

“Unha viaxe ao Nadal” amosa figuras decorativas elaboradas de xeito artesanal en Polonia, República Checa, Alemaña e Austria.

A mostra propón unha viaxe arredor da diversidade da celebración das festas de Nadal en Europa.

A exposición, que se pode visitar ata o 7 de xaneiro, complétase cun catálogo no que as distintas pezas aparecen retratadas en lugares destacados da provincia, coma o castelo de Soutomaior, a praia de Melide, as Torres do Oeste ou a illa de San Simón. Péchase así a campaña “Somos historias”, impulsada pola Deputación con motivo do Ano Europeo d

As pezas que configuran “Unha viaxe ao Nadal” pertencen á colección particular ViCo, que conta con preto de 1.000 adobíos, que dende fai un lustro se veñen expoñendo por estas datas en diferentes museos da nosa xeografía.