Benvidos ao barrio da alegría

PONTEVEDRA> Aniversarios, festas temáticas e ata vodas. Celebracións que poderían ter lugar en calquera sala de festas da nosa comunidade pero que, nestes días de confinamento, tiveron que ser trasladadas a un espazo moito máis pequeno. Aos balcóns e, en concreto, aos da rúa Arzobispo Malvar de Pontevedra.

Luces, música e acción. Quen dixo que esta corentena fose a ser aburrida? Para divertirnos soamente fan falla ganas de pasalo ben e diso nesta rúa pontevedresa teñen dabondo. Os veciños da rúa Arzobispo Malvar non estaban dispostos a pasar un confinamento entre catro paredes e decidiron converter os seus balcóns en pistas de baile.

Coa marcha xa dentro do corpo e cun DJ como Petete o que comezou cunha sesión de música ás oito da tarde continuou cunha ampla programación ao longo de todo o día. Dende celebrar festas temáticas ata aniversarios.

Pero o gran cume deste barrio foi, sen dúbida, a celebración das vodas de ouro de Sinda e Ceferino.

E por suposto a Semana Santa non pasará de largo nesta rúa pontevedresa, porque os veciños preparan xa os traxes e a música para celebrala por todo o alto. Un lugar coñecido xa como o barrio da alegría.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí