O ORAL recadou no 2017 máis de 122 millóns de euros en tributos

Pontevedra> O servizo ORAL recadou en tributos máis de 122 millóns de euros no 2017, así o deu a coñecer nesta xornada o Deputado de Economía. Carlos López Font dixo que son 2 millóns de euros máis que no 2016. Trátase da recadación dos 54 concellos da provincia de Pontevedra que teñen delegada a xestión de taxas ou impostos no servizo ORAL.

O deputado de Economía falou longo e tendido esta mañá do ORAL e das recadacións en tributos do pasado 2017. En primeiro termo López Font quixo deixar claro en que consiste este servizo que ofrecen aos concellos dende a Deputación provincial.

Font confirmou nesta xornada que o servizo ORAL recadou máis de 122 millóns de euros no 2017.

122 millóns de euros que deixan patente a importancia deste servizo para a provincia…

Por comarcas a de Pontevedra recadou 10 millóns de euros, a do Salnés 21,6 millóns e a de Caldas 8,9. En relación a este ano López Font anunciou que no que vai de ano, dende xaneiro a xullo se recadaron 40 millóns de euros, o que supón un incremento do 3 por cento en relación ao pasado ano.