Poio manifestase contra a violencia machista

Pontevedra> A Praza da Chousa, en Combarro, acolleu nesta tarde unha concentración en repulsa á agresión sexual que sufriu unha moza de 20 anos na madrugada do domingo, na zona de acampada do  Armadiña Rock. Unha cita organizada pola asociación que dirixe este festival quenes amosaron a súa repulsa ante calquera tipo de violencia e lamentan e condenan que, este festival, fose o marco de vulneración dos dereitos das mulleres.

A Praza da Chousa, en Combarro, foi o escenario da concentración que esta tarde tivo lugar  en sinal de repulsa pola agresión sexual que sufriu unha moza de 20 anos na zona de acampada do Armadiña Rock durante a madrugada do domingo.

De momento dende a organización do Armadiña Rock non saben que repercusión tivo o punto lila do concello de Poio.

O que si que condenan dende a Asociación Armadiña Rock é que unha vez máis un evento festivo sexa o marco de vulneración dos dereitos das mulleres.

Por este intento de agresión sexual rexistrado na zona de acampaña do Armadiña Rock a Garda Civil detivo a un veciño de Marín de 38 anos que, tras pasar a disposición xudicial, quedou en liberdade, pero en condición de investigado por un delito de agresión sexual en grao de tentativa a esta moza de 20 anos.