Batallán en folga de fame polo “deterioro da sanidade pública”

Pontevedra> O médico, e tamén cantautor, Luís Emilio Batallán, está dende onte en folga de fame, no Colexio de médicos de Pontevedra, co fin de denunciar os recortes no sistema sanitario galego. Batallán quere amosar deste xeito o seu rexeitamento ante as políticas que aproba e dirixe Alberno Núñez Feijóo dende a Xunta de Galicia.

Luís Emilio Batallán está en folga de fame dende o luns 27 de agosto. O obxectivo, denunciar publicamente os recortes que está sufrindo a sanidade pública galega, recortes todos eles, aprobados e dirixidos, di o cantautor e médico, por Alberto Núñez Feijóo.

En relación a ese ERE fraudulento, Batallán di que lle filtraron información do Consello de Contas que lles da a razón aos médicos, que confirma o desmantelamento da sanidade pública na nosa comunidade.

Unha folga iniciada este luns e que continuará ata que o seu corpo aguante.

Unha folga que está realizando no Colexio de Médicos de Pontevedra, Batallán quere deixar claro que se trata dunha decisión de carácter persoal xa que non vai a tolerar máis o abuso do poder polítco en temas tan sensibles e necesarios como a sanidade pública.