O Pavillón Municipal será 100% accesible a partir do mes de outubro

Pontevedra> O alcalde de Pontevedra visitou esta mañá a recta final das obras que farán 100% accesible o Pavillón de Deportes de Pontevedra. Trátase dunha actuación que inclúe a instalación dun ascensor, baños para persoas discapacitadas e persoas ostomizadas, ramplas e espazos nas bancadas para cadeiras de rodas.

O alcalde de Pontevedra, acompañado dos concelleiros de Deportes e de Obras, visitou hoxe as obras de reforma que se están facendo no Pavillón Municipal de Deportes e que unha vez concluídas van a resolver a accesibilidade universal da instalación deportiva máis empregada do Concello.

Unhas obras que manterán o deseño de Alejandro de la Sota e que se centran , principalmente, na construción dun ascensor neste edificio.

As obras estarán rematadas en outubro pese a isto no impiden o desenvolvemento da actividade deportiva nin van a alterar o calendario dos partidos de competición oficial. Coa reforma en marcha darase acceso a todas as persoas ao pavillón. Uns traballos que contan cun investimento de 200 mil euros.