O festival Entrebateas arranca hoxe máis forte ca nunca

POBRA> Tres días de troula, dez concertos e un paseo en catamarán. Así se presenta este ano o festival Entrebateas na Pobra do Caramiñal. Trátase da terceira edición, e xa arrancou cun dos seus pratos fortes, o paseo en catamarán pola ría da Arousa. Coke & Fan e Monolious Dop foron os elixidos para amenizar o percorrido. Pero mañá comeza a festa de verdade, que se alargará ata o sábado. Será o momento do metal e os encargados de facelo, os grupos Narco ou Golpe Radical o venres, e Def Con Dos ou Bellako o sábado. Unha aposta forte pola música metal, que un ano máis recibe o apoio do goberno local. Xa que, ademais de entreter, serve como unha aposta polo turismo. Estímase que se acerquen pola Pobra unhas dúas mil persoas. Os concertos son de balde e terán lugar na Praza Maior, de nove da noite a tres da mañá, e a acampada é gratuíta, no parque do Castelo. O grupo local, Golpe Radical, aproveitará a ocasión para gravar un vídeoclip en directo.