Rías Baixas destinará máis de 470.000 euros á exportación o vindeiro exercicio

[

PONTEVEDRA> A piques de pechar o ano, a Denominación de Orixe Rías Baixas xa traza a súa folla de ruta para o vindeiro exercicio. Dende o Consello Regulador explicaron que a exportación vai ser unha aposta clave, que contará cun investimento aproximado de 470 mil euros dirixido en gran medida aos mercados de Xapón, Estados Unidos e México. O órgano regulador anunciou que  volverán solicitar a liña de axudas da Consellería de Medio Rural para a promoción exterior.

A Denominación de Orixe Rías Baixas reforza a súa aposta pola exportación. Para o vindeiro exercicio, o Consello Regulador destinará máis de 470 mil euros aos mercados exteriores, polos que xa apostan 95 adegas. Para continuar neste camiño, volverán solicitar a liña de axudas da Xunta á promoción exterior.

Xapón, México e Estados Unidos son os países prioritarios nesta estratexia da Denominación de Orixe. Mercados nos que as súas vendas medran ano tras ano.

Estes son os principais, pero non os únicos. Rías Baixas está presente en 56 países.

Ramón Huidobro asegurou que os bos resultados son consecuencia do traballo ben feito e da aposta pola calidade de todos os membros da Denominación de Orixe. Tamén polo importante esforzo que destinan á promoción dos seus viños. Non en van, para o vindeiro exercicio case o 68% do orzamento do Consello Regulador destinarase a accións promocionais.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/18/axudas_rias_baixas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/18/axudas_rias_baixas.mp4{/flowplayer}