O proxecto “punteiro e de calidade” de Virxe do Camiño estará rematado para finais de ano

Pontevedra. Unhas declaracións que o alcalde realizaba na súa visita ás obras de Virxe do Camiño. Uns traballos que contan cun investimento dun millón de euros e que estarán finalizados para finais de ano. Tanto o alcalde como o concelleiro de obras definiron este proxecto como de alta calidade e punteiro e canto ao deseño se refire. A plataforma única, a accesibilidade universal e a mellora do alumeado serán as características coas que contará esta zona a partires do Nadal.

O alcalde e o concelleiro de Obras visitaron nesta xornadas as obras de Virxe do Camiño. Unha actuación urbana necesaria, así o afirmou Lores, que dignificará o paso do camiño de Santiago pola cidade.

Un proxecto que estará rematado para finais de ano.

Trátase dun proxecto, segundo Demetrio Gómez, que está moi estudado e que conta con aspectos moi importantes de cara á accesibilidade.

Trátase, segundo Lores e Gómez, dun proxecto de alta calidade e punteiro en canto ao deseño se refire. Un proxecto que conta cun investimento dun millón de euros.