O colexio de Carril estrea, por fin, novos aseos

VILAGARCÍA> O Colexio Rosalía de Castro de Carril estrea, por fin, novos aseos. De momento acometeuse a reforma de catro baños, na zona de educación infantil. Tamén se levou a cabo un cambio de tubaxes en todo o edificio e se instalaron falsos teitos en varias estancias.

O Colexio de Carril estrea novos aseos. Esta era unha das demandas máis importantes da comunidade escolar, que dende hai moito tempo vén reclamando melloras no centro.
Polo de agora, acometeuse a reforma de catro baños, na zona de educación infantil, así como un cambio de tubaxes en todo o edificio e a instalación de falsos teitos en varias estancias.

Dende a Dirección do colexio pídenlle á Xunta e ó Concello que non se esquezan de todos as obras que aínda están pendentes.