Sanidade prepara 4.000 das 6.000 camas que hai en Galicia para doentes de coronavirus

GALICIA> Sanidade vai preparar 4.000 das 6.000 camas das que dispón para facer fronte á pandemia do coronavirus. O presidente da Xunta tamén avanzou novas medidas para as residencias de maiores. Os usurarios que den positivo concentraranse en dúas residencias integradas. O obxectivo, di Feijóo, que poidan ser tratados de forma máis medicalizada.

Alberto Núñez Feijóo tamén avanzou que dende hoxe tódalas residencias privadas pasarán ser tuteladas, baixo o seguimento das autoridades sanitarias. Ademais, créanse dúas residencias integradas para concentrar ós usuarios que dean positivo.

Para as provincias de Pontevedra e Ourense habilitouse como residencia integrada unha situada no Concello de Baños de Molgas. Para as provincias da Coruña e Lugo, o centro escollido é a residencia Porta do Camiño, en Santiago.

En Galicia contabilízanse 57 contaxiados dentro de residencias para a terceira idade. Feijóo advirte que haberá máis nos vindeiros días.

Feijóo indicou, ademáis, que a Xunta está tratando polas súas vías, de facerse con máis material sanitario, a maiores do que vaia achegando o Estado. Nese sentido, pediulle ó goberno central que exerza máis presión nun mercado mundial que, arestora, ten unha enorme demanda.