Os críticos acusan ó BNG de pactar a investidura de García Guerrero

asembleabngnoia100.jpgNOIA> O sector crítico do BNG celebrou unha asemblea para informar á militancia das intencións do consello local con relación á formación de goberno.

{flowplayer}barbanza/asambleabngnoia.flv{/flowplayer}

Tras case trinta anos de militancia nas filas nacionalistas, Xosé Bernaldo Castro abandona o BNG. Xunto a el, moitos compañeiros críticos adoptaron esta mesma decisión ante o comportamento amosado polo consello local de Noia e da executiva nacional do partido no proceso de negociacións para a conformación do goberno.

O sector discrepante denuncia a falla de democracia interna ó non permitir que fora a asemblea, por votación, quen decidise se apoiar ou non a investidura do candidato socialista como alcalde.

Desculpas

Bernaldo Castro e os seus compañeiros séntense vítimas dun engano, ó igual que os cidadáns que votaron ó BNG de Noia. A eles precisamente quixeron pedir desculpas publicamente polo incumprimento dos compromisos electorais do cabeza de lista e o seu equipo dos que, dixo, posibilitarán o acceso a alcaldía dun grupo que non comparte en absoluto as posicións do BNG.

Redacción Barbanza