A Xunta destinou máis de 400 mil euros para a posta a punto da volta ao cole en Pontevedra

Pontevedra.> O delegado territorial da Xunta e o Xefe territorial de Educación visitaron esta mañá as obras de mellora na Escola de Educación Infantil Concepción Crespo Rivas. Unha visita onde sinalaron que xa está todo listo para á volta ao cole e onde anunciaron que a Xunta destinou máis de 400 mil euros para traballos de melloras nos centros educativos pontevedreses.

Todo listo para a volta ao cole.  Dende a Xunta realizaron unha visita nesta xornada para coñecer de primeira man os traballos de mellora da Escola de Educación Infantil Concepción Crespo Rivas, un centro onde cambiaron as xanelas de 12 aulas.

Un centro onde aínda queda pendente algunha que outra petición…

Dende a Xunta anunciaron nesta xornada que investiron máis de 400 mil euros na posta a punto dos centros escolares de primaria e secundaria de Pontevedra.

José Manuel Cores Tourís recordou que a Consellería de Educación leva investidos máis de 7,4 millóns de euros nos centros de Primaria e Secundaria da cidade de Pontevedra nos últimos anos.