A “desestacionalización e a internacionalización” comezan a ser unha realidade nas Rías Baixas

Pontevedra> O mes de agosto deixou unha ocupación media do 87 por cento nas Rías Baixas. Concellos como os de Cambados ou Sanxenxo chegaron a colgar o cartel de completo. E os motivos polos que o turismo visita esta zona de Galicia son principalmente pola gastronomía, seguido da natureza e do turismo de praia.

Agosto deixou unha ocupación media nas Rías Baixas do 87 por cento, un dato máis que positivo para a Presidenta da Deputación quen deixou sobre a mesa dous apuntes, que a desestacionalización está sendo xa unha realidade.

E tamén que a internacionalización está colleitando os seus froitos nas rías baixas.

Por comarcas o Salnés chegou a unha ocupación media do 91 por cento, Pontevedra do 90 e Caldas do 93 por cento. Os principais motivos polos que nos visitan continúan sendo a gastronomía, o sol e a praia. E os concellos máis visitados son os de Combarro, O Grove e Baiona. O 81,63 por cento dos que visitaron as rías baixas foi turismo do Estado e o 18.37 por cento restante turismo internacional principalmente chegados de Portugal, Italia e Reino Unido.