Mercadona interésase por tres parcelas da Avenida de Lugo, entre elas a de Correos

PONTEVEDRA> Mercadona amosa o seu interese por dúas parcelas da avenida de Lugo, en Pontevedra. A cadea de supermercados rexistrou no concello unha solicitude de información urbanística. A petición súmase a outra que xa presentara en marzo do ano pasado, daquela sobre o predio que ocupa actualmente a nave de Correos. Mercadona estaría interesado en desenvolver un supermercado con aparcadoiro.

Mercadona estaría estudando instalarse na avenida de Lugo de Pontevedra. A cadea de supermercados presentou no concello unha solicitude de información urbanística sobre dúas parcelas.

Xa en marzo do ano pasado Mercadona interesárase pola parcela que actualmente ocupa a nave de Correos nesta zona, cunha superficie de máis de 5.100 metros cadrados. As dúas polas que preguntou agora, anexas á de Correos, suman 720 metros cadrados.

De confirmarse esta apertura, sería o terceiro supermercado que acolle a avenida de Lugo. Levan anos instalados u n Lidl e un Día. En setembro do ano pasado sumóuselles un Aldi.

Pola súa banda, actualmente Mercadona conta con tres establecementos na cidade: na avenida de Vigo, en Lérez e en San Amaro.